Saltar ao contido

Lago Balkhash

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaLago Balkhash
Imaxe
Tipolago endorreico
lago Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaCasaquistán Editar o valor en Wikidata
División administrativaCasaquistán Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°32′27″N 74°52′44″L / 46.5408, 74.8789
Afluentes
Efluente do lagoEvaporación Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude342 m Editar o valor en Wikidata
Profundidademáximo: 25 m
Media: 6 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións70 (ancho) × 620 (lonxitude) km
Perímetro2.385 km Editar o valor en Wikidata
Superficie18.200 km²
18.740 km² Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica501.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Volume físico106.000 hm³ Editar o valor en Wikidata

O lago Balkash (casaco: Балқаш Көлі, Balqash Köli; ruso: Озеро Балхаш, Ozero Balkhash) é un gran lago endorreico que ocupa unha depresión pechada na área suroriental de Kazhakhstán, e que forma parte da ampla cunca endorreica da Asia Central que inclúe entre outros o mar Caspio e o mar de Aral. Cunha superficie de 16996 km², é un dos lagos máis grandes de Asia e o duodécimo lago continental máis grande do mundo. A súa altura media é de 320 m sobre o nivel do mar e drena unha gran cunca de 413000 km².

No lago desaugan sete ríos, sendo o principal o río Ili, que proporciona a maior parte da auga da ribeira, mentres que outros, como o río Karatal, proporcionan auga tanto en superficie como achegando fluxo subsuperficial. O Ili aliméntase da precipitación (en gran parte o desxeo de primavera) das montañas da China, na rexión de Xinjiang. Os outros ríos, de menor caudal, son o Lepsa, o Aksu, o Byan, o Kapal e o Koksu.

De xeito semellante ao que sucede no mar de Aral, o lago está diminuíndo a causa do uso extensivo que se fai da auga procedente dos ríos que o alimentan.[1] O lago está dividido case en dúas partes por unha península, que deixa a zona occidental de auga doce e a oriental de auga salgada.[2][3][4][5] A profundidade media do lago é de 5,8 m, e a máxima é de 25,6 m.

A cidade máis grande da zona do lago tamén se chama Balkhash e ten uns 66 000 habitantes. As principais actividades industriais na zona son a minaría, o procesamento de minerais e a pesca. O lago permanece xeado dende finais de novembro ata principios da primavera.

  1. Lake Balkhash, International Lake Environment Committee
  2. "Lake Balkhash". Encyclopedia Britannica. Consultado o 29 de xaneiro de 2009. 
  3. Zektser, Igor S.; Everett, Lorne G (2000). Groundwater and the Environment: Applications for the Global Community. CRC Press. p. 76. ISBN 1566703832. 
  4. Shahgedanova, Maria (2002). The Physical Geography of Northern Eurasia. Oxford University Press. pp. 140–141. ISBN 0198233841. 
  5. Kawabata, Yoshiko; et al. (1997). "The phytoplankton of some saline lakes in Central Asia". International Journal of Salt Lake Research 6 (1): 5–16. doi:10.1007/BF02441865. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]